Alcer Lugo celebra este domingo a súa XVII Xornada Renal

LugoXa
Alcer Lugo celebra este domingo a sú XVII Xornada Renal no salón de actos do HULA de 10.00 a 14.00 horas
Alcer Lugo
23 Out 2024

Alcer Lugo celebra este domingo a sú XVII Xornada Renal no salón de actos do HULA de 10.00 a 14.00 horas. A apertura oficial da xornada contará coa participación de diversas autoridades locais, incluíndo a supervisora da Área de Humanización do HULA, Gloria Enríquez Sanjurjo; o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias Fouz; o deputado provincial Pablo Rivera Capón; a alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos Fondo; e a presidenta de Alcer Lugo, María José Otero Díaz.

A xornada desenvolverase a través de varias mesas temáticas, comezando coa presentación "Adaptando os nosos viaxes", onde os relatores Reyes Novo Carballés e Diego Santiso Iravedra compartirán as súas experiencias como pacientes trasplantados e familiares. Seguiralle unha demostración de tai chi a cargo de Celso Abella Del Valle, resaltando a importancia do exercicio físico suave para o benestar dos pacientes. Durante a mesa "Competicións específicas para persoas trasplantadas e en diálise", Carlos Iglesias Souto, vicepresidente de Detradi (Asociación Galega de Deportistas Trasplantados e En Diálise), destacará a relevancia da actividade física na mellora da saúde física e mental.

Tras un breve descanso, o evento retomarase cunha charla sobre a importancia de manter hobbies a pesar da enfermidade renal, a cargo de Víctor López Pérez, paciente en hemodiálise domiciliaria. Ademais, a xornada pecharase coa intervención de Andrés Falcó e Flor De Torres, creadores do programa "NoKidney. NoExcuses", que compartiron a súa experiencia en superar os desafíos da enfermidade renal a través do deporte e o apoio familiar.

O acto rematará coa clausura oficial, onde Olga López Racamonde, concelleira de Benestar Social e Maiores de Lugo, e María José Otero Díaz destacaron a importancia de seguir organizando eventos deste tipo para fomentar o apoio e a información entre a comunidade de pacientes. A xornada finalizou cun convite a pinchos para os asistentes. Esta iniciativa demostra o compromiso das institucións locais e da sociedade civil por mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por enfermidades renais, ofrecendo un espazo para a información, a reflexión e o apoio mutuo.

XVII Xornada Renal alcer lugo
0.2025089263916