Alcer Lugo celebra este domingo no Hula a súa xornada anual

LugoXa
Alcer Lugo desenvolverá este domingo no salón de actos do HULA a XVI edición das xornadas renais, que terán un horario de 10.
xornada alcer lugo portada
xornada alcer lugo portada
21 oct 2023

Alcer Lugo desenvolverá este domingo no salón de actos do HULA a XVI edición das xornadas renais, que terán un horario de 10.00 a 14.00 horas.

Estas arrancarán cunha mesa redonda que falará de accións estratéxicas para as enfermidades renais hereditarias a cargo de Miguel Ángel García González, xefe do laboratorio de Nefroloxía Pediátrica e de adultos. A continuación, e trala pausa, será a vez de Manuel Lugilde Valín, avogado, que falará sobre discapacidade e incapacidade.

Rematarán, ás 13.30 horas, falando das alteracións na pel en doentes deste tipo con Rocío Cultelli Delfino e sobre coidados da pel con Inés Dono Díaz.

Ao rematar, haberá pinchos para os asistentes.

xornada alcer lugo