Alcoa anunciou o despido de 534 traballadores de San Cibrao

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
28 May 2020

A dirección da factoría Alcoa San Cibrao comunicou aos representantes dos traballadores o inicio dun proceso de despedimento colectivo que afectará a 534 traballadores da fábrica de aluminio dos 633 que ten.

Así na reunión convocada en Lugo informouse á representación legal dos traballadores da situación "insostible á que se enfronta a planta de aluminio e as medidas que están a ser consideradas polo Grupo".

A empresa cervense propuxo abrir un período informal de consultas co comité de empresa o cal terá unha duración de tres semanas para explicar a situación da planta. E afirman que non se tomará ningunha decisión ata que o período remate para ver se o Goberno reacciona.

A través dun escrito a aluminera norteamericana asegura que a súa planta de aluminio "afronta unha serie de problemas externos de produción e de mercado que fixeron que a produción de aluminio primario sexa ineficiente e a operación da planta non sexa competitiva", di Álvaro Dorado, presidente de Grupo Alcoa Inespal en España.

"Eses problemas estruturais inclúen os altos custos de enerxía e o baixo prezo do aluminio que, xunto co exceso de capacidade global, causaron significativas perdas recorrentes, que se prevé que continúen", engade.

Alcoa admitiu "o potencial impacto destas medidas, e intentaremos minimizar este impacto a traves do proceso de consulta cos representantes dos traballadores. Por iso non se tomará ningunha decisión ata que o período de consultas remate", remata dicindo Dorado.

Por outra banda esto é unha gran preocupación para A Mariña e súmase á reducción de persoal nestes últimos meses e a paralización das cubas a principios de marzo no departamento de electrólise na planta de aluminio. Desde Alcoa aseguraron que se trataba dunha medida temporal, pero hai quen o ve como un paso adiante no peche da factoría cervense.

Desde Alcoa tamén lamentan que o Goberno non de ningunha sinal de cambio, nin estatuto electrointensivo e nin fixar o prezo da enerxía.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19206309318542