Alcoa percibirá 25 millóns polas axudas polo CO2 do Goberno
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, informa sobre que o Consello de Ministros autorizou aumentar as subvencións polo CO2 ata os 172,23 millóns de euros, unha medida da que a pranta de Alcoa en Lugo é a principal beneficiada con preto de 25 millóns.
Con esta ampliación, o Goberno pretende cumprir co seu compromiso de apoiar aos sectores industriais galegos e reforza a competitividade das empresas máis intensivas no consumo de electricidade.
Este acordo resposta ao compromiso da ministra de Industria, Reyes Maroto, trala súa visita á pranta de San Cibrao e permitirá a Alcoa reducir os custes de enerxía e mellorar a competitividade da factoría.
O Consello de Ministros permite ampliar o presuposto destinado á convocatoria de 2019 para a concesión de subvencións relativas ao mecanimos de compensación de costes de emisións indirectas de gases de efecto invernadoiro para custes incurridos en 2018.
O acordo amplía a contía de 91 millóns de euros aprobada o 29 de marzo de 2019 e atenderá as 192 solicitudes recibidas, o que significa a execución do 100% do presuposto autorizado.
Esta ampliación representa o maior importe anual concedido ata o de agora por un Goberno de España á industria electrointensiva neste tipo de axudas, segundo Losada, que engade que é máis que o doble do concedido en 2017 (83,8 millóns de euros).
Desde xuño de 2018, o Ministerio de Industria terá outorgado compensacións por custes indirectos por un total de 256 millóns de euros.