Alerta vermella por calor na montaña de Lugo e Valdeorras

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | RibeiraSacraXa | OurenseXa
O resto da provincia de Ourense mantense en nivel laranxa, do mesmo xeito que o sur de Lugo e o interior de Pontevedra, mentres que o centro de Lugo está en nivel amarelo
temperatura-termometro-calor
12 Aug 2025

A Xunta de Galicia activou este luns o nivel 3 (vermello) de alerta por altas temperaturas en dúas zonas da comunidade, entre as que se atopan a montaña de Lugo e Valdeorras.

Na provincia de Lugo, o nivel vermello afecta aos concellos de Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Samos e Triacastela.

En Ourense, a alerta máxima aplícase en Valdeorras, que inclúe O Barco de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras.

Ademais, están en nivel 2 (laranxa) o sur de Lugo, a zona do Miño de Ourense, o noroeste de Ourense, a montaña de Ourense, o sur de Ourense, así como o interior de Pontevedra. O centro de Lugo, pola súa banda, atópase en nivel 1 (amarelo).

⚙ Configurar cookies
0.20284390449524