Alfoz dá axudas ao transporte, introduce a robótica nas aulas e promove o servizo Madrugadores
A Concellaría de Igualdade do Concello de Alfoz, que dirixe Arantxa Incera, informa sobre a posibilidade que teñen os veciños de solicitar becas e axudas ao transporte para os estudiantes, tanto para os que están na etapa postobligatoria, como para os ciclos formativos, a ESO e o Bacharelato. En xeral, a edil destaca que a alcaldía está a realizar unha aposta moi forte polo colexio e polo IES, pola importancia que lle dá o goberno á educación.
Outro dos retos do departamento de Incera é o de ir introducindo a robótica nas aulas mesmo desde a etapa de Infantil. Hai unhas subvencións especiais para o colexio, afirma a concelleira, quen lembra que xa o ano pasado se solicitaron tablets para Primaria. Trátase dunha subvención duns 2.000 euros e o ano anterior 1.400 euros destináronse ás tabletas electrónicas.
Alfoz tamén dispón de axudas para as asociacións de pais e nais dos colexios para que podan establecer un banco de libros e non ter que mercar algúns cada ano.
Ademais, o Concello promove o servizo Madrugadores, para que os pais podan deixar aos cativos de máis de tres anos no colexio dende as 8.15 da mañá e ata as 14.15, a cargo dun monitor especializado en actividades extraescolares. Como sinala Incera, hoxendía hai que conciliar e cada vez os nenos, co illamento dos pobos, están máis tempo sós. Para evitar isto e axudar aos pais traballadores, estimúlase o servizo madrugadores no Concello e en principio xa hai oito persoas interesadas para poder poñelo en marcha este curso.