Alfoz levará a cabo varias actividades dentro da campaña En negro contra as violencias

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
22 Nov 2019

O Concello de Alfoz está a levar a cabo diversas accións de sensibilización social contra as violencias machistas e a prol da igualdade real entre homes e mulleres durante todo o ano pero especialmente nestas datas nas que é preciso visibilizar o gran problema  que esta violencia supón e o rexeitamento dos veciños e veciñas de Alfoz a esta lacra social.

Por iso, dentro da campaña En negro contra as violencias organizan para o venres 22, Jorge Val, alcalde de Alfoz, asinará en Lugo o convenio de adhesión un ano máis a esta iniciativa. Iluminaremos en violeta a fachada do consistorio desde a noite do venres ata a noite do luns.
O sábado 23, o CD Alfoz mostrará o seu apoio ao inicio do partido ás 16.15 horas que disputará no Campo de Fútbol Municipal contra o Barreiros.
O luns 25, haberá unha concentración ás 12.00h diante da Casa do Concello e será a lectura do Manifesto. Este mesmo día, tanto no CEIP Plurilingüe Castro de Ouro coma o IES Alfoz-Valadouro tamén teñen actos programados cos alumnos e alumnas e co profesorado para mostrar a súa adhesión á En negro contra as violencias.
Do mesmo xeito, as empresas, comercios, asociacións, etc, do municipio participan coa colocación dos carteis da campaña, que na maioría dos casos se mantenen durante todo o ano, e participando nas iniciativas municipais.

Xa o domingo 1 de decembro, ás 19.00h, no Salón de Actos do Centro Sociocultural de Alfoz terá lugar a representación teatral de Golpes, protagonizada por Estíbaliz Veiga, actriz natural de Barreiros.

0.1090099811554