Alfredo Llano quere crear un espazo público nos terreos detrás da Capitanía Marítima

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O alcalde burelés, Alfredo Llano, aposta por asinar un convenio con Portos para crear un espazo público nos terreos situados detrás da Capitanía Marítima.
Captura de pantalla 2019 07 02 a las 16.58.49
17 Sep 2020

O alcalde burelés, Alfredo Llano, aposta por asinar un convenio con Portos para crear un espazo público nos terreos situados detrás da Capitanía Marítima. Así llo expuxo nas últimas horas aos responsables deste ente cos que se reuniu en Lugo.

O rexedor explicou que “hai un espazo que queremos aproveitar aquí, que está detrás da Capitanía Marítima, que é de Portos. É un espazo amplo que xa pretendíamos, hai tempo, xestionalo e facer algún convenio, a través de Portos e o Concello, para crear un espazo público naquela zona con xardiñeiría e xogos infantís, ou ben con outra capacidade para o entretemento ou aproveitamento social”.

Llano engadiu engadiu que “é algo que plantexamos pero, se non é posible chegar a un convenio, que polo menos arranxemos aquela zona e cambiemos a fachada para darlle outro aspecto, que agora mesmo necesita”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1861138343811