Alucem organiza unha xornada solidaria o próximo sábado

A Asociación Lucense de Esclerose Múltiple, Alucem, organiza unha xornada solidaria o próximo sábado 29 de outubro.
O corredor lucense de ultrafondo, Óscar Domínguez, correrá arredor da muralla durante 24 horas. A saída terá lugar ás 11.00 dende a praza da catedral e será unha actividade aberta a toda veciñanza, que poderá participar camiñando ou correndo pola muralla no momento que o desexe. É preciso realizar unha inscrición previa.
O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo anunciou que o Goberno de Lugo colabora coa asociación Alucem na organización destas 24h solidarias que teñen como obxetivo dar visibilidade á enfermidade e ás actividades da propia asociación.