Alumnado de FP do Politécnico de Lugo recibiron unha medalla de prata nas Spainskills 2024

LugoXa

A FP galega demostrou toda a súa calidade nas Spainskills 2024, o campionato nacional no que o equipo de Galicia se alzou con nove medallas.

Medallistas Spain Skills Politécnico de Lugo
Medallistas Spain Skills Politécnico de Lugo
14 abr 2024

A FP galega demostrou toda a súa calidade nas Spainskills 2024, o campionato nacional no que o equipo de Galicia se alzou con nove medallas.

A aposta da Xunta por fortalecer estas ensinanzas xa ten dado os seus froitos en numerosas ocasións, tanto nestas olimpíadas estatais como nas europeas e mundiais. A delegación galega obtivo tres medallas de ouro, cinco de prata e unha de bronce.

Representantes da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades acompañaron ao alumnado e profesorado participante na competición durante estes días e transmitiron hoxe o orgullo que supón para o sistema educativo galego o resultado acadado nesta cita.

Con respecto ao alumnado premiado na provincia de Lugo, Andrés Díaz López e Carlos Fernández Rodríguez recibiron a medalla de prata polo seu traballo en Sistemas robóticos integrados no CIFP Politécnico de Lugo e baixo a titoría de Carlos Victorio Álvarez Pérez.