Amador Fonfría presenta o seu terceiro poemario, 'Los labios de la noche', na Despensa de Saa

LugoXa
O autor leonés dará a coñecer a súa nova obra este sábado 7 de novembro, ás 20:00 horas, nun libro que afonda nos sentimentos humanos, a soidade, o amor e a morte
Amador-Fonfría
3 Nov 2026

O poeta leonés Amador Fonfría Santín presentará este sábado 7 de novembro o seu terceiro poemario, 'Los labios de la noche', nun acto que terá lugar ás 20:00 horas na Despensa de Saa.

Publicado por Aliar Ediciones, o libro propón unha viaxe polos espazos máis profundos do ser humano, onde os soños se cruzan coa vixilia, o amor co desamor e a vida coa morte, sempre baixo a sombra da soidade. A obra recolle as sacudidas emocionais do autor a través dunha poesía intimista na que a palabra e o silencio expresan a ausencia, a dor e os sentimentos máis difíciles de exteriorizar.

Nado en Herrerías (León) en 1959, Fonfría iniciou a súa traxectoria literaria en 1994, coa publicación dunha colaboración na revista 'JOYCE'. Desde entón, publicou relatos e poemas en medios como 'La Nueva Crónica' de León e participou en distintas antoloxías literarias.

O seu primeiro poemario, 'Aurora', publicouse en 2022 e acadou a terceira edición. En 2024 viu a luz a súa segunda obra poética, 'El camino hacia después', editada por Medulia Editorial. Ese mesmo ano participou tamén na antoloxía 'El Bierzo en silencio', publicada por Más Madera.

0.15892696380615