Amigos da Feira continúa co cine na rúa a Castro de Rei con 'Cuñados'

TerraChaXa | LugoXa
Amigos da Feira de Castro de Rei continúa co seu programa de Cine na Rúa cunha nova proxección, ás 22.30 horas, verase Cuñados.
cunados cine na rua castro amigos da feira
8 Jul 2022

A Asociación Amigos da Feira de Castro de Rei continúa co seu programa de Cine na Rúa cunha nova proxección. Este sábado, 9 de xullo, ás 22.30 horas, no campo da feira (no Teleclub se chove) proxectarase Cuñados, un dos filmes máis vistos nos cines galegos durante o 2021 e que tamén foi nomeada a 16 premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual.

Eduardo e o seu cuñado Sabonis acaban de meter a pata nun dos seus negocios e precisan cartos. Moitos cartos. Será Sabonis quen lle atope a solución ao problema secuestrando a Modesto, cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os enganou e os deixou tirados. Só hai un pequeno problema: Alicia non pensa pagar un peso polo seu cuñado. Mais é o propio Modesto quen urde un novo plan co que Eduardo e Sabonis poderán salvar a adega familiar.

As proxeccións na rúa continuarán o sábado 23 de xullo, Live is Life.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19183206558228