Amigos do Patrimonio de Castroverde homenaxeará a Paco Pestana cun roteiro pola súa terra e a actuación das Cegas do Ouselle

LugoXa
A actividade celebrarase o 18 de outubro e percorrerá uns nove quilómetros entre A Vacariza, Peredo, A Frairía, Cobechas e Castroverde
as-cegas-de-ouselle
27 Sep 2026

A asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde organizará o domingo 18 de outubro un roteiro en homenaxe a Paco Pestana baixo o lema ‘Arte, territorio e memoria’. A proposta combinará un percorrido pola contorna coa lembranza do artista e unha actuación musical ao remate da xornada.

A actividade comezará ás 9.30 horas coa saída desde a Praza do Concello de Castroverde. Desde alí, as persoas participantes desprazaranse ata o alto da Vacariza, onde dará comezo o roteiro, cun percorrido aproximado de nove quilómetros por Peredo, A Frairía, Cobechas e Castroverde.

A organización contará cun autobús de apoio que estará dispoñible en dous ou tres puntos do percorrido para facilitar os desprazamentos durante a actividade.

Ás 14.00 horas está previsto o xantar para as persoas participantes. Xa pola tarde, ás 16.30 horas, o Centro Sociocultural Paco Pestana acollerá a actuación das Cegas do Ouselle.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse antes do 14 de outubro, para facilitar a organización do xantar e do servizo de autobús. As inscricións poden realizarse no teléfono 659 52 39 60 ou no correo amigospatrimoniodecastroverde@gmail.com.

A actividade está organizada por Amigos do Patrimonio de Castroverde coa colaboración da Vicepresidencia de Cultura da Deputación de Lugo e do Concello de Castroverde.

0.18027901649475