Amigos do Patrimonio de Castroverde organizan unha visita aos museos de A Capela

LugoXa
A actividade celebrarase o sábado 14 de novembro e incluirá unha saída desde a praza de Castroverde, unha xornada nos museos e un percorrido por outros puntos da contorna se hai tempo
Amigos-do-Patrimonio-de-Castroverde-ruta
2 Nov 2026

A asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde organiza para o sábado 14 de novembro unha excursión para coñecer os museos de A Capela e outros lugares da súa contorna.

A saída está prevista para as 9.30 horas desde a praza de Castroverde, cunha parada no Carqueixo ás 9.45 horas. A visita aos museos comezará ás 11.00 horas e, despois da actividade, os participantes compartirán un xantar ás 14.00 horas.

Pola tarde, o grupo aproveitará o tempo dispoñible para achegarse a outros lugares da zona.

0.17188215255737