Ampliados os horarios de visitas aos cemiterio municipais ante a festividade de Santos

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro informa aos veciños das medidas organizativas decretadas ante a festividade de Todos os Santos e Defuntos, nas que se inclúen que a apertura do cemiterio municipal, dende o venres 30 de outubro ao luns 2 de novembro de 2020, ambos incluídos, será de 9 a 21 horas.
28 Out 2020

O Concello de Viveiro informa aos veciños das medidas organizativas decretadas ante a festividade de Todos os Santos e Defuntos, nas que se inclúen que a apertura do cemiterio municipal, dende o venres 30 de outubro ao luns 2 de novembro de 2020, ambos incluídos, será de 9 a 21 horas.

Manteranse as entradas e saídas habituais ao cemiterio, establecendo a obrigatoriedade de circular sempre pola dereita tanto na entrada e na saída, como no interior do recinto. Será obrigatorio o uso de máscara e manter a distancia social interpersoal.

O aforo do cemiterio limítase ao 50% e recoméndase a presenza dun máximo de 2 persoas de forma simultánea por sepultura e cunha duración de visita máxima de 30 minutos.

Recoméndase tamén que nos cemiterios parroquiais tamén se limite a presenza máxima por sepultura e o tempo da visita, nos termos referidos no punto anterior.

Por outra banda, con respecto á regulación do tráfico, infórmase a toda a veciñanza que dende o venres 30 de outubro ao 2 de novembro de 2020, ambos incluídos, a estrada do cemiterio será de sentido único de subida, saíndo polas Nogueiras cara a Pénjamo.

RIBADEO

O Concello de Ribadeo anuncia a ampliación do horario de visitas ao cemiterio municipal do 29 de outubro ao 2 de novembro. O camposanto abrirá de 9 a 19 horas . Haberá un circuíto diferenciado de entrada e de saída e será obrigatorio cumprir coas medidas de protección persoal como o uso da máscara e o distanciamento de seguridade.

Recomenda que na medida do posible, as visitas destinadas a labores para limpar ou arranxar nichos ou tumbas, que se vaian facendo nos días previos a este 1 de novembro. E que as familias espacien no tempo as súas visitas e que as mesmas se limiten ao mínimo tempo indispensable para intentar evitar aglomeracións.

Haberá un circuíto diferenciado de entrada e outro de saída, entrando pola porta principal do cemiterio e saíndo pola porta que dá cara ao aparcadoiro. Así como os aseos públicos estarán pechados.

0.19276809692383