Amplían a apertura das instalacións deportivas municipais ás tardes dos domingos

O Concello de Lugo ampliará os horarios de apertura das instalacións deportivas municipais para ofrecer tamén servizo durante as tardes dos domingos. A medida comezará este domingo, 15 de novembro, no polideportivo de O Palomar, que abrirá as súas portas para acoller competicións oficiais de fútbol sala e baloncesto.
A ampliación aplicarase progresivamente ao polideportivo municipal de Frigsa e á piscina municipal de Frigsa, que se incorporarán nas próximas datas á nova franxa horaria. Deste xeito, as tres instalacións sumarán a apertura dominical pola tarde aos seus horarios habituais.
A dispoñibilidade dos pavillóns permitirá programar encontros de competicións federadas de fútbol sala, baloncesto e voleibol. No caso da piscina, a apertura facilitará tamén a práctica da natación durante as tardes dos domingos.