Ampliarán o horario dos puntos violetas durante o Arde Lvcvs

LugoXa
Cada un dos 19 campamentos doutras tantas asociacións funcionará como punto violeta para calquera persoa que precise de axuda, atención ou información
8M-mosqueira-violeta
A loita contra a violencia machista, na Mosqueira
11 Xuño 2024

A concellería de Muller do Concello de Lugo, que dirixe Ángeles Novo, porá en marcha dous puntos violeta para evitar agresións machistas durante o Arde Lvcvs, pero a diferencia de anos anteriores “amplíase o horario na súa franxa nocturna, ata ás 07.00 da mañá, para adecuarse ás horas de ocio desta festa e dar maior servizo nunha franxa horaria na que quizais é máis necesaria esta atención, que, por exemplo, na mañá ou a primeira hora da tarde”, explica Novo.

Co obxectivo de que esta edición do Arde Lvcvs sexa o máis segura posible, o Executivo de Paula Alvarellos instalará un punto violeta fixo na praza Fernando de Casas Novoa, nas inmediacións da piscina romana próxima á Fundación Abanca, que terá o seguinte horario: O xoves, de 20:00 a 07.00 horas; tanto o venres como o sábado, de 19:00 a 07.00; mentres que o domingo, prestarase atención das 19.00 ás 22.00 horas. Pero ademais, explica a edil de Muller, “outra das novidades deste ano, é que xunto ao punto violeta fixo, haberá outro móbil, formado por dous técnicos, unha psicóloga e un axente de igualdade, que estarán debidamente identificados y que moveranse polos puntos máis concorridos da festa para prestar atención en calquera momento”.

A caravana morada, pola súa parte, estará atendida por dúas psicólogas especializadas en xénero, un educador social e un axente de igualdade. Estes catro técnicos serán os encargados de atender e asesorar a todas as persoas que precisen información en cuestións de xénero e violencia contra as mulleres; sobre os recursos dispoñibles a nivel local, comarcal e autonómico; e en atender ás mulleres que precisen de primeiros auxilios de baixa intensidade.

Ás actuacións activadas pola área de Muller únense as que se porán en marcha desde outras concellerías do Goberno Local, coas que se está a colaborar para garantir a máxima protección ás mulleres e seguridade nestas datas de festa. Así, a Área de Mobilidade permitirá que os autobuses urbanos paren a demanda nos portais das casas das usuarias que o soliciten, sen variar o traxecto das liñas, sempre e cando haxa espacio na rúa para deterse.

Campamentos seguros

Os campamentos das 16 asociacións de recreación histórica que participan no Arde Lvcvs xogarán tamén un papel importante na prevención de agresións machistas e na atención a posibles vítimas. De feito, funcionarán como puntos violeta nas horas nas que estes non estean abertos, como pode ser o horario de mañá e nas primeiras horas da tarde. Para saber que dinámica seguir ante a aparición de posibles situacións de violencia machista, o Goberno Local enviará a cada unha destas asociacións un protocolo de actuación, no que se lles explica que facer ante posibles casos de violencia de xénero, agresión, abuso ou acoso sexual.

Entre as indicacións deste protocolo de actuación figura, por exemplo, a “atención á vítima e asegurarse de que non corre perigo, e pescudar o seu estado físico e emocional; respectar o que queira facer á vez que, se necesita atención especializada de carácter médico, psicolóxico, legal, acompañamento e/ou asistencial policial e non ten información necesaria, proporcionarlla activando o seguinte paso, que é chamar ao teléfono do punto morado (622098721) para explicar a situación e ter información sobre o procedemento a seguir”.

Potenciar este tipo de servizo para evitar as agresións machistas é un dos obxectivos do Executivo de Paula Alvarellos, ao igual que tamén se está a facer noutras datas e festas sinaladas como pode ser o San Froilán ou a celebración do Caudal Fest, ao tempo que se fan iniciativas e campañas de información e concienciación sobre a loita contra esta lacra, principalmente, entre a xuventude, nenas e nenos.

A implantación de puntos violetas no Arde Lvcvs se suma a outras iniciativas coas que comparte obxectivos. Así, tal e como sinalou a edil Ángeles Novo, “fixemos unha campaña contra a submisión química coa colaboración do ocio nocturno e da Asociación de Hostaleiros para sensibilizar e prever situacións deste tipo, facendo especial fincapé nos agresores e na primeira atención ás mulleres, na que se quixo concienciar sobre esta nova de violencia machista, para incrementar a protección a posibles vítimas”.

0.092220067977905