Ana Isabel Villar logra o segundo posto no Trofeo Cidade de Narón de tiro con arco

A Escola Lucense de Tiro con Arco conseguiu un podio no XXI Trofeo Cidade de Narón, disputado o sábado 24 de outubro no pavillón da Gándara. Ana Isabel Villar Fernández acadou a segunda posición na categoría sénior feminina de arco recurvo, cunha puntuación total de 462 puntos tras sumar 206 na primeira serie e 256 na segunda.
Na mesma categoría, María Castelo Arias rematou quinta, con 329 puntos, mentres que Celia Sánchez Mateos ocupou a novena posición, con 351 puntos.
Na categoría sénior masculina de arco recurvo, Juan Andrés Casaleiro Piña foi quinto, cun total de 531 puntos, resultado de sumar 268 na primeira serie e 263 na segunda. Pola súa banda, Juan Carlos Fernández Villar finalizou no posto 17, con 402 puntos, e Brais Méndez Rodríguez foi décimo oitavo, con 205 puntos.
Todos os participantes tiraron a unha distancia de 18 metros sobre dianas triplas verticais de 20 centímetros, nas correspondentes series eliminatorias da competición.