Ana María Rivas, primeira secretaria xeral do Concello de Lugo

LugoXa
Ana María Rivas García, quen exerceu nos últimos anos como secretaria interventora no municipio de Becerreá, toma de posesión da nova secretaria xeral do Concello de Lugo.
toma_posesion_nova_secretaria_municipal_lugo
toma_posesion_nova_secretaria_municipal_lugo
8 Mar 2024

Ana María Rivas García, quen exerceu nos últimos anos como secretaria interventora no municipio de Becerreá, toma de posesión da nova secretaria xeral do Concello de Lugo. O acto coincidiu co 8 de marzo, Día Internacional da Muller, xa que Rivas García é a primeira muller que desempeñará de forma oficial este labor en toda a historia do Concello.

Neste sentido, a rexedora destacou a importancia de que as mulleres ocupen postos de responsabilidade na xestión pública. “É emocionante presidir como alcaldesa a toma de posesión da primeira muller en ocupar este cargo como habilitada nacional na nosa Administración local. Con esta incorporación evidenciase o cambio social que as mulleres estamos a protagonizar en todos os eidos da  nosa sociedade”, dixo Paula Alvarellos tras dar a benvida á nova traballadora municipal.

Así mesmo, a alcaldesa desexoulle sorte nesta nova etapa profesional. “Somos coñecedores da túa valía e estamos seguros de que afrontarás con éxito o desafío de liderar a secretaría municipal, pois os teus acertos serán tamén os deste Concello”. Pola súa banda, Rivas García deu as grazas á alcaldesa pola confianza depositada e dixo asumir “con gran responsabilidade” o seu novo posto na administración local lucense.

0.17129611968994