Anafreita e Vilalvite, en Friol, celebran as festas de San Pedro cun programa de música e tradición

As parroquias de Anafreita e Vilalvite, no concello de Friol, preparan para a última fin de semana de xuño as súas tradicionais festas na honra a San Pedro, cun programa que combina actos relixiosos, sesións vermú, verbenas e actividades gastronómicas para a veciñanza e visitantes.
En Anafreita, as celebracións terán lugar este sábado y domingo no entorno da Cova da Serpe. O sábado comezará cunha misa solemne ás 13.00 horas, seguida dunha sesión vermú ás 14.00 horas amenizada polo artista José Manuel de Abanico, coñecido como “Follarín”. Pola noite celebrarase unha verbena a cargo da orquestra Ritmo Xoven, na que tamén actuará a artista galega Judith Cundíns.
O domingo continuará a programación cunha misa solemne ás 13.00 horas e unha sesión vermú desde as 13.30 horas amenizada polo dúo Music-Lar.
Pola súa banda, Vilalvite desenvolverá as súas festas de San Pedro desde o venres, que arrancará cunha churrascada popular ás 22.00 horas, acompañada dunha festa e verbena coa actuación de Nerea Cobas e DJ Espasantes.
O sábado a música será a gran protagonista cunha sesión vermú a cargo do grupo Pekados, que tamén actuará durante a verbena da noite.
As celebracións rematarán o domingo cunha misa solemne ás 13.30 horas e unha sesión vermú amenizada por Nerea Cobas. Ademais, durante os tres días realizaranse sorteos entre os asistentes, incluíndo como premio unha estancia nun balneario para dúas persoas.