Andaina polo Piornedo o vindeiro domingo
LugoXa
O vindeiro domingo 18 de xullo, a asociación Piornedo Anda organiza unha andaina pola ruta do Agulleiro, no Piornedo.
15 Xul 2021
O vindeiro domingo 18 de xullo, a asociación Piornedo Anda organiza unha andaina pola ruta do Agulleiro, no Piornedo. Trátase dunha ruta de algo máis de 11 kilómetros que ten unha dificultade media.
A duración aproximada da ruta é de catro horas e comézase na palloza museo Casa do Sesto, ás 10 horas. Realízase, desta maneira, unha xornada de exercicio físico, cunhas vistas inmellorables da montaña lucense; na que se poderá gozar dun bo ambiente e dunha mañá de domingo diferente.
O prezo é de catro euros por persoa e dende a organización recomendan levar posto un pantalón largo e unhas botas. Así pois, para calquer tipo de dúbida ou para máis información pódese contactar co número 630 411 518 ou no 659 523 911.