Animan a limpar a praia da Caosa en Cervo o sábado
Organizacións como SeoBirdlife e Ecoembes en colaboración co Concello de Cervo instan á cidadanía a participar na xornada de limpeza da praia cervense da Caosa prevista para o 5 deste mes, ás 12 horas.
O lema é Libera, natureza sen un metro cadrado de lixo.
Trátase dunha acción máis do proxecto Libera, Unidos contra a Basuraleza que naceu no 2017 para frear as consecuencias do lixo abandoado nos espacios naturais e nos ecosistemas.
Foi creado pola ONG ambiental Seo Birdlife, en alizanza con Ecoembes, a organización ambiental sen ánimo de lucro que promove a economía circular a través da reciclaxe dos envases.
A movilización cidadá é unha das claves para acabar co problema da 'basuraleza' e se hai un xeito de concienciar dende a participación é animando á xente a saír ao campo e limpar o que niguén debía ter ensuciado. A iniciativa Un metro cadrado pola natureza, demostra que saír un día ao entorno natural para recoller residuos ten un impacto moi positivo no entorno e axuda a cambiar perspectivas.