Antas acollerá tres actos deportivos as próximas fins de semana

LugoXa
Contará cun slalom urbano, a súa primeira carreira popular e a Antas Cup
competicions-deportivas-antas
Carteis
11 Xuño 2024

O Concello de Antas de Ulla acolle este mes de xuño tres eventos deportivos de diferentes modalidades, convertíndose nunha das capitais do deporte galego.

Queremos impulsar as actividades deportivas con eventos que ademais serven para dinamizar o noso concello, dándolle un impulso ao sector servizos pola chegada de centos de deportistas e afeccionados”, explica a alcaldesa, Pilar García Porto.

O primeiro evento será o I Slalom Centro Xeográfico de Galicia, unha proba automobilística urbana o 15 de xuño organizada polo Concello e Lucus Rally.

A I Carreira Popular Centro Xeográfico de Galicia en Antas de Ulla celebrarase o sábado 22 de xullo, cunha proba de 10 quilómetros, carreiras infantís e unha andaina popular de cinco quilómetros.

Esa mesma fin de semana, en concreto do 21 ao 23 de xuño, chegará a quenda da sétima edición da Antas Cup – Parque Central de Galicia de fútbol 8.

0.18877577781677