Antas de Ulla abre o prazo de inscrición para o Campamento de Verán 2026

O Concello de Antas de Ulla vén de abrir o prazo de inscrición para participar no Campamento de Verán 2026, unha iniciativa municipal pensada para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante os meses estivais.
O programa desenvolverase entre o 1 de xullo e o 28 de agosto, en horario de 8:30 a 14:30 horas, ofrecendo ás familias unha alternativa de lecer educativo para as crianzas durante o período de vacacións escolares.
A actividade está dirixida a nenas, nenos e mocidade nacida entre os anos 2010 e 2022. Ao longo do verán, as persoas participantes poderán desfrutar dun amplo programa de xogos, actividades lúdicas, propostas educativas e espazos de convivencia adaptados ás diferentes idades.
O prazo de inscrición permanecerá aberto entre o 1 e o 5 de xuño. As solicitudes, así como as bases da convocatoria, poderán presentarse a través do Rexistro do Concello ou da sede electrónica municipal. Ademais, o formulario de inscrición está dispoñible na páxina web do Concello.
As persoas interesadas en obter máis información poden contactar a través do teléfono 982 238 014 ou do correo electrónico madrugadoresantasdeulla@gmail.com.