Antas de Ulla acolle dúas actividades con motivo do 25N

LugoXa
Antas de Ulla acolle duas actividades dirixidas a mulleres con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
Antas de Ulla 25 N portada
9 Nov 2022

Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Concello de Antas de Ulla organiza dúas actividades dirixidas ás veciñas de Antas de Ulla e enfocadas a fomentar o empoderamento persoal.

A primeira das actividades terá lugar os días 19 e 26 de novembro e será un curso de autodefensa para mulleres, ante situacións violentas, organizado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, co que se pretende ensinar ás mulleres participantes técnicas para poder defenderse ante un caso de agresión ou de perigo. O curso terá un horario de 16.00 a 20.00 e será impartido no ximnasio do CEIP de Antas de Ulla.

Os dias 3 e 10 de decembro terá lugar a segunda actividade que será un curso de asesoría de automaquillaxe, subvencionado con cargo ao Pacto de Estado contra a violencia de xénero, como ferramenta de empoderamento feminino a través da autoestima. O curso terá lugar na Casa da Cultura de Antas de Ulla en horario de 16.00 a 18.00 horas.

Para realizar as inscricións ou mais información está a disposición o teléfono 982 379 251 ou o correo electrónico concellodeantasdeulla@gmail.com.

0.19203114509583