Antas de Ulla acolle un curso de introducción á programación de videoxogos

LugoXa
O Concello de Antas de Ulla organiza un curso de introducción á programación de videoxogos para maiores de 12 anos
Formación videoxogos antas portada
Formación videoxogos antas portada
13 Abr 2023

O Concello de Antas de Ulla ofrece clases de introdución á programación de videoxogos para público adolescente a partir de 12 anos.

Dentro das ensinanzas do curso atópanse a introdución ao deseño de videoxogos, introdución a Unity e Unity playground, creación de xogos de exemplo con Unity playground, reprodución dun videoxogo e creación do videoxogo en Unity playground.

As clases serán todos os luns de 19.00 a 20.00 horas na Biblioteca Antas Antas Ulla.

É preciso anotarse nas oficinas municipais ou chamando ao 982 37 92 51 antes do luns día 17 de abril.

A formación estará impartida polo enxeñeiro de informática Jesús Otero a través de Emocionarte.

Dende a organización aconséllase aos participantes traian os seus ordenadores portátiles.

Formación videoxogos antas
0.18980503082275