Antas de Ulla acolle unha charla sobre benestar emocional para coidadores de persoas con Alzhéimer

LugoXa
A actividade, promovida por AFALU, o Concello de Antas de Ulla e a Xunta, celebrarase o 16 de setembro na Casa da Cultura
Casa-da-Cultura-Antas-de-Ulla
13 Sep 2026

Antas de Ulla acollerá o vindeiro 16 de setembro a charla "A arte do benestar emocional", unha actividade promovida por AFALU, o Concello de Antas de Ulla e a Xunta con motivo do Día Mundial do Alzhéimer.

A sesión terá lugar ás 18.00 horas na Casa da Cultura e estará especialmente dirixida a persoas que coidan, acompañan ou conviven con persoas con Alzheimer ou con outras situacións de dependencia.

A proposta busca ofrecer un espazo de encontro no que abordar diferentes estratexias para xestionar o estrés e a carga mental asociada aos coidados, así como favorecer o benestar emocional das persoas coidadoras.

A participación require inscrición previa, que poderá realizarse a través do teléfono 982 23 80 14.

0.18662714958191