Antas de Ulla acolle unha convivencia de teatro
LugoXa
O grupo de teatro de Antas de Ulla organiza unha convivencia o 18, 19 e 20 de agosto nas Canteiras para nenos e nenas a partir dos 3 anos.
12 Ago 2021
O grupo de teatro de Antas de Ulla organiza unha convivencia de teatro os días 18, 19 e 20 de agosto nas Canteiras para nenos e nenas a partir dos 3 anos.
Entre as actividades que se inclúen atópase un obradoiro de contar historias a través do cómic, unha gravación dunha curta, música, baile, contacontos e moitas outras máis, para que nenos e nenas aprendan de forma lúdica e amena. Así mesmo, é unha forma de que os participantes se inicien de maneira básica neste mundo.
A convivencia realizarase entre as 17 e as 20 horas nas Canteiras e todas as actividades se realizarán ao aire libre con todas as medidas sanitarias correspondentes.