Antas de Ulla acolle unha romería de Entroido o sábado 18
A Asociación Fiadeira en colaboración co Concello de Antas de Ulla organiza unha romaría de Entroido para o vindeiro sábado 18 de febreiro na praza Nova.
A xornada contará con dous obradoiros. O primeiro será o de pandeireta da man de Nébeda Piñeiro e dará comezo ás 17.00 cunha duración de dúas horas.
O segundo obradoiro será de baile a cargo de Miguel Sotelo e dará comezo ás 19.00 cunha duración tamén de dúas horas.
Como remate de festa haberá uns pinchos que terán un prezo de 5€ e estarán acompañados dunha foliada. Os prezos dos obradoiros son de 10€ para os socios e 15€ para os non socios, ambos con pinchos incluídos.
Para acudir ós obradoiro es ós pinchos será necesario realizar a reserva nos seguintes números de teléfono: 651 426 685 ou 670 521 153.