Antas de Ulla acollerá as festas na honra a San Cristovo o domingo 16 de xullo

LugoXa
O concello de Antas de Ulla acollerá as súas festas na honra a San Cristovo o vindeiro domingo 16 de xullo.
Antas de ulla festa san cristovo
12 Xul 2023

O concello de Antas de Ulla acollerá as súas festas na honra a San Cristovo o vindeiro domingo 16 de xullo.

Así, comezarán as celebracións con pasacalles da man da asociación Fiadeira e a continuación será a misa solemne ás 13.00 horas e bendición dos coches acompañados da asociación Fiadeira.

Máis tarde será a sesión vermú coa orquestra Escaparate e o xantar campestre no campo da festa. Pola tarde haberá colchonetas gratis para os nenos e unha actuación da charanga Eravisto. Pola noite será a quenda da verbena coa orquestra Escaparate e a festa da escuma.

Antas de ulla festa san cristovo
0.089492082595825