Antas de Ulla acollerá unha charla informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes

Antas de Ulla celebrará unha charla informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes 2026, unha sesión destinada a explicar o proceso administrativo previsto para a obtención da autorización de residencia e traballo en España.
A actividade terá lugar o vindeiro 18 de maio ás 12:00 horas na Casa da Cultura de Antas de Ulla e contará cunha exposición detallada sobre os requisitos necesarios, a presentación de solicitudes e o procedemento recollido no Real Decreto 316/2026.
O prazo para a presentación das solicitudes permanecerá aberto ata o 30 de xuño de 2026, polo que se busca facilitar información clara e accesible ás persoas interesadas no proceso.
Desde os Servizos Sociais Comunitarios do Concello ofrecerase acompañamento e apoio durante todo o trámite, co obxectivo de garantir que a cidadanía dispoña da orientación necesaria ao longo da solicitude.