Antas de Ulla acolleu a chegada da cuarta etapa de La Vuelta Femenina ao seu paso por Lugo

A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, desprazouse ata Antas de Ulla para asistir á chegada da cuarta etapa de La Vuelta Femenina, que este mércores percorreu distintos puntos da provincia lucense nunha xornada deportiva de gran seguimento.
A etapa, cun trazado superior aos 115 quilómetros, iniciou o seu percorrido arredor das 14:18 horas desde Monforte de Lemos e concluíu en Antas de Ulla, onde se situou a liña de meta. Unha vez rematada a proba, López felicitou á vencedora da xornada, Lotte Koppecky, e foi a encargada de facer entrega do maillot correspondente á líder da clasificación da montaña, Marine Allione.
Durante o acto, a subdelegada tamén quixo trasladar unha mensaxe de ánimo ás ciclistas de cara ás seguintes etapas da competición, que continuará nos vindeiros días ata culminar o sábado, 9 de maio, coa súa chegada a L'Angliru, en Asturias.
Desde o Goberno destacaron a súa implicación no desenvolvemento do evento deportivo, colaborando na súa organización a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Estes efectivos encárganse de garantir o bo desenvolvemento da carreira, así como de velar pola seguridade tanto das participantes como do público asistente.