Antas de Ulla celebra a X Festa da Xuventude

LugoXa
Antas de Ulla celebra o vindeiro mércores 5 de abril a X Festa da Xuventude con actuacións musicais e fogos artificiais
FEsta xuventude antas de ulla portada
FEsta xuventude antas de ulla portada
30 mar 2023

Antas de Ulla celebra o vindeiro mércores 5 de abril a X Festa da Xuventude. A xornada dará comezo ás 19.00 coa Ruta do Elefante amenizada pola charanga Evaristo.

A verbena dará comezo ás 23.00 na rúa do colexio coas actuacións das orquestras New Yor e Origen. Durante a verbena a Festa da Xuventude contará cun toro mecánico gratuíto.

Para os interesado habera un servizo de autobuses con saída as 22.00 e volta ao remate da festa. Este servizo contará con dúas rutas, a primeira con paradas en Lalín, Rodeiro, Chantada, Taboada e Monterroso. A segunda ruta pasará por Agolada, Melide, Palas de Rei e Monterroso.

FEsta xuventude antas de ulla