Antas de Ulla celebra o 27 de xuño a súa Carreira Popular e Andaina no Centro Xeográfico de Galicia

A Carreira Popular e Andaina de Antas de Ulla celebrarase o 27 de xuño no Centro Xeográfico de Galicia, nunha xornada dedicada ao deporte, á natureza e á convivencia nun dos enclaves máis emblemáticos do municipio.
O evento contará con propostas deportivas adaptadas a todas as idades, desde categorías para os máis pequenos e pequenas ata unha carreira absoluta de 10 quilómetros. Ademais, celebrarase unha andaina para aquelas persoas que prefiran realizar o percorrido a un ritmo máis tranquilo e gozar da paisaxe.
A actividade permitirá descubrir diferentes recunchos naturais e patrimoniais de Antas de Ulla, combinando a práctica deportiva cun entorno de gran valor paisaxístico.
As inscricións xa están abertas a través da web ccnorte.com e o prazo permanecerá activo ata o 24 de xuño.