Antas de Ulla celebra o Día da Poesía cun encontro arredor da figura de Miguel Hernández

LugoXa
A actividade, prevista para o 25 de marzo, contará coa participación do “Sendeirista Miguel Hernández” Miguel Poveda Toledano
miguel-hernandez-na-memoria-cartel-Antas
22 Mar 2026

O Concello de Antas de Ulla acollerá o vindeiro 25 de marzo unha actividade especial enmarcada na celebración do Día da Poesía, que se conmemora o 21 de marzo, nunha iniciativa organizada en colaboración co Instituto de Estudos Ulloáns.

O encontro contará coa participación de Miguel Poveda Toledano, de orixe manchega e vencellado a Galicia, coñecido pola súa fonda paixón pola obra de Miguel Hernández. No ano 2025 foi recoñecido como “Sendeirista Miguel Hernández”, unha distinción que pon en valor o seu labor de difusión da figura e do legado do poeta.

Durante a xornada, Poveda Toledano ofrecerá unha aproximación á vida e á obra de Miguel Hernández a través da experiencia da Senda do Poeta, un itinerario cultural que percorre os espazos máis significativos vinculados ao autor. Esta proposta está impulsada pola Fundación Cultural Miguel Hernández e conta co respaldo de diversas institucións, entre elas o Ministerio de Cultura.

A actividade preséntase como unha oportunidade para achegar ao público á dimensión humana e literaria dun dos grandes nomes da poesía en lingua castelá, ao tempo que se promove o interese pola creación poética e pola memoria cultural.

0.12623405456543