Antas de Ulla celebra o Entroido 2025 con diversas actividades en dúas xornadas

LugoXa
A programación comeza o domingo 2 de marzo, ás 16.00 horas na Praza Nova, cunha festa infantil que incluirá inchables
Entroido-Antas-de-Ulla-2023
18 Feb 2025

Antas de Ulla xa ten todo preparado para celebrar un Entroido 2025 cheo de actividades para todas as idades e moita diversión.

A programación comeza o domingo 2 de marzo, ás 16.00 horas na Praza Nova, cunha festa infantil que incluirá inchables para os máis pequenos, ademais dunha deliciosa chocolatada e doces de Entroido. Non faltará o desfile de disfraces, no que grandes e pequenos poderán mostrar as súas mellores creacións.

O martes 4 de marzo, tamén na Praza Nova, a festa continúa. Ás 21.00 horas comezará a Festa de Entroido coa música do DJ David Expósito. Ás 22.00 horas terá lugar o esperado Desfile de Disfraces, ao que se poderá inscribir ata o 3 de marzo no Concello ou chamando ao 982 379 251. A xornada rematará ás 23.00 horas cunha actuación en directo do grupo Os Parentes de Sober.

Sen dúbida, un Entroido cheo de música, baile, e moita festa! Non faltes e ven a gozar dun dos mellores Entroidos da comarca.

0.15992188453674