Antas de Ulla celebra o seu concerto de Nadal o día 25

LugoXa

A Escola Banda de Música de Antas de Ulla convida a todos os veciños a celebrar estas datas cun Concerto de Nadal.

21 dic 2022

A Escola Banda de Música de Antas de Ulla convida a todos os veciños a celebrar estas datas cun Concerto de Nadal.

O acto terá lugar o vindeiro 25 de decembro ás 20.00 na Casa da Cultura de Antas de Ulla onde todos os asistentes poderán desfrutar dunha gran xornada musical.