Antas de Ulla celebrará o seu magosto o 6 de novembro con castañas, gastronomía e música

Antas de Ulla celebrará o venres 6 de novembro o seu Magosto 2026 cunha noite de gastronomía, música e tradición na Praza Nova. A festa comezará ás 22:00 horas e contará cunha proposta gastronómica por sete euros, que incluirá castañas, pan, liscos, chourizo e larpeira.
A música correrá a cargo de DJ Casanova, que será o encargado de amenizar a celebración e poñer ritmo á noite. Ademais, os menores de dez anos poderán participar de balde.
As persoas interesadas en asistir deberán reservar a súa praza antes do xoves 5 de novembro. As inscricións poden realizarse nos establecementos da vila ou chamando ao teléfono 625 784 849, preferiblemente a través de WhatsApp.
O magosto está organizado conxuntamente polo Concello de Antas de Ulla e a SD Antas, co patrocinio da Deputación de Lugo e do Parque Central de Galicia-Centro Xeográfico.