Antas de Ulla elixe aos gañadores da fase local do Concurso de Poesía Nadal 2025

O Concello de Antas de Ulla deu a coñecer os resultados da fase local do Concurso de Poesía Nadal 2025, que se desenvolveu nas instalacións da Biblioteca Municipal e contou cunha ampla participación de rapazada do municipio. Na categoría A, o primeiro premio foi para Icíar Sobrado Novo, mentres que o segundo e o terceiro posto recaeron en Isabela Angulo Echeverri e Sabela Magdaleno Vilariño, respectivamente. Ademais, nesta categoría tamén se concederon accésits a Fiz Pereira Scasas, Ariadne Otero Moure e Carla Pena Vázquez.
Na categoría B, o xurado outorgou o primeiro premio a Irea Magdaleno Vilariño, seguida de Alessia Rodríguez Amor en segundo lugar e de Mª Seijas Gómez no terceiro. Pola súa banda, na categoría C, Adriana Vázquez Louzao acadou o primeiro premio, Hugo Alba Mosquera obtivo o segundo e Daniela Pedrosa Martínez o terceiro, mentres que Xiana Vázquez Guerreiro, Pablo Coucheiro Rodríguez e Manuel Cacheiro Rodríguez recibiron accésits polo seu traballo.
Desde o Concello lembran que as persoas gañadoras dos tres primeiros premios de cada categoría participarán na fase provincial do certame e que os poemas premiados serán recollidos ao longo deste ano no novo libro “Os nenos e o Nadal”. A entrega de premios celebrarase o domingo 18 na Casa da Cultura de Antas de Ulla. Tanto o Concello como a Biblioteca Municipal quixeron felicitar a todas as persoas participantes e agradecer expresamente o apoio das familias ao desenvolvemento desta iniciativa cultural.