Antas de Ulla entrega o último lote de produtos doados aos afectados pola DANA

O Concello de Antas de Ulla fixo dun último lote de produtos doados pola veciñanza para as persoas afectadas pola Dana en Valencia a Cruz Vermella.
"Durante o suceso, a veciñanza de Antas doou unha gran cantidade de artículos de primeira necesidade que non puido ser recollida no momento polas entidades que estaban a facer fronte ao desastre, que comezaron a pedir principalmente doazóns económicas", explica a alcaldesa, Pilar García Porto.
"Dende entón, o Concello almacenou os artículos e foi realizando diferentes doazóns ás persoas afectadas a través de diferentes entidades e métodos, sempre que este tipo de axudas foron solicitadas", engadiu.
A rexedora agradeceu "a solidariedade da veciñanza de Antas", e destacou que Cruz Vermella "acherá os produtos deste último lote directamente ás persoas que aínda os precisen" na zona afectada.