Antas de Ulla organiza unha charla práctica sobre reanimación cardiopulmonar e uso de desfibriladores

LugoXa
A actividade celebrarase o luns 23 de novembro, ás 17:00 horas, na Casa da Cultura Teresa Batán Buján e permitirá aprender técnicas básicas para actuar ante unha emerxencia cardíaca
rcp-desfibrilador
20 Nov 2026

O Concello de Antas de Ulla anima á veciñanza a participar nunha charla práctica sobre reanimación cardiopulmonar (RCP) e utilización de desfibriladores, co obxectivo de achegar coñecementos e ferramentas que poden resultar fundamentais para salvar vidas.

A actividade, baixo o lema "De corazón a corazón", terá lugar o luns 23 de novembro, ás 17:00 horas, na Casa da Cultura Teresa Batán Buján. Durante a xornada abordaranse cuestións relacionadas coa educación e a prevención cardiosaudable, así como a importancia do apoio psicosocial e do acompañamento.

A iniciativa está organizada por ACARLU (Asociación Cardiolóxica Lucense), coa colaboración da Deputación de Lugo, Cardioloxía Lugo e o Concello de Antas de Ulla. A proposta busca concienciar sobre a importancia de saber como actuar ante unha parada cardiorrespiratoria e adquirir habilidades básicas para responder nestas situacións de emerxencia.

0.17634892463684