Antas de Ulla prepara a chegada dos Reis o día 5 de xaneiro

LugoXa
Los reyes de Oriente llegan a Antas de Ulla en una jornada protagonizada por los niños y los hinchables el día 5 de enero.
reis magos antas ulla
26 Dec 2021

Os Reis Magos de Oriente están de camiño a Antas de Ulla. O vindeiro día 5 de xaneiro a Praza Nova acollerá as súas maxestades que virán visitar aos nenos e veciños da zona.

A festa infantil dará comezo ás 16.00 horas. Unha cita de ocio, diversión e moita maxia para os máis pequenos.

Un inchable casiña de bolas, outro de pista americana, un de saltos, o rocódromo, un tobogán de Bob Esponxa e moita música ofrecerán entretemento e diversión aos nenos previamente á chegada dos reis.

Para poñer fin a esta tarde de ilusión, os nenos poderán entregarlle a Melchor, Gaspar e Baltasar as súas cartas cas súas peticións e desexos.

reis magos antas ulla
0.098901033401489