Anuncian a renovación da praza da Árbore lucense, na rúa Conde

LugoXa
Rubén Arroxo anuncia a renovación da praza da Árbore, na rúa Conde, inclúe a eliminación dun carril de incorporación
renovacion da praza da arbore, na rua Conde lugo
25 Out 2021

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co edil de Infraestruturas, Alexandre Penas, persoal técnico municipal e o presidente da Asociación Veciñal do barrio de Paradai, visitaron a praza da Árbore, ubicada na confluencia das rúas Río Sil, Conde e Salmón, onde o goberno de Lugo está a realizar unha actuación para, segundo explicou Rubén Arroxo “recuperar un espazo que levaba moito tempo abandonado e desaproveitado”.

O Tenente Alcalde explicou que “con esta intervención melloraremos a accesibilidade ao aumentar o tamaño as beirarrúas e reformando a praza para que a veciñanza da zona poida facer uso dela”. A intervención que leva adiante o Goberno de Lugo inclúe a eliminación dun carril de incorporación que levaba moitos anos inutilizado, o que aumentará o espazo adicado ao uso peonil.

Esta actuación realizarase en conxunto coa mellora da unión da rotonda que une Río Sil con Infanta Elena. “Nos últimos meses puxemos fin a un dos puntos negros máis importantes da cidade, na saída de Infanta Elena de cara a Río Sil, e con esta actuación complementaremos os traballos executados de xeito provisional nese momento, mellorando ese espazo de xeito definitivo, evitando que as solucións temporais perduren no tempo”, expliou Rubén Arroxo.

0.20937299728394