Anuncian o prazo para Portomarín Concilia e para os Madrugadores
Ao longo deste ano 2021-2022 poranse en marcha diferentes actividades e medidas co obxecto de favorecer a conciliación personal, familiar e laboral das familias da vila de Portomarín.
Así, informaron das Tardes Conicilia Extraescolares dirixidas ao alumnado do Ceip Virxe da Luz, favorecendo que ao remate das aulas os rapaces poidan disfrutar de actividades deportivas e de lecer así como apoiar a corresponsabilidade das familias.
Dende a organización lembran que se poden consultar as bases, requisitos e facer a inscrición na páxina web municipal e na sede electrónica.
O prazo de solicitude está aberto dende o día 8 ao día 12 de novembro inclusive e a lista de admitidos e excluídos publicarase na páxina web e sede electrónica municipal.
Tamén anunciaron que na vindeira semana abrirase o novo prazo para o servizo de Madrugadores que se levará a cabo nas instalacións do centro de ensino de Portomarín, así como as actividades das Escolas Deportivas para alumnos da educación secundaria obligatoria.