Apaga Ribadeo organiza un novo curso online sobre vehículos eléctricos

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, con sede en Ribadeo, organiza un novo curso a través da súa plataforma de formación on line.
24 Apr 2020

A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, con sede en Ribadeo, organiza un novo curso a través da súa plataforma de formación on line. Versará sobre vehículos eléctricos e terá unha duración de 100 horas. A inscrición estará aberta ata finais do presente mes de abril. Na actualidade xa hai 20 persoas anotadas. O curso dará comezo en maio.

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, contou que “está xa na nosa web un curso de vehículos eléctricos, con seis apartados totalmente definidos: introdución ao vehículo eléctrico, sistema de almacenamento de enerxía, tracción eléctrica, motores eléctricos empregados nos sistemas de tracción, deseño e integración do conxunto motor e pack de baterías, e finalmente compoñentes adicionais de xestión e control. Este é un curso on line de 100 horas e está aberto a toda a xente que queira facelo. Os interesados poden enviarnos un correo á dirección apagaribadeo@gmail.com e nós poñerémonos en contacto para explicarlles como se vai facer este curso”.

Doural explicou que “será impartido por un especialista nestes temas, o enxeñeiro industrial en Automoción David Alonso Lorenzo, que é de Vigo e está traballando nestes temas en empresas que están desenvolvendo tecnoloxía para o vehículo eléctrico. O prazo para anotarse está aberto ata finais deste mes e o curso empezará a principios de maio a través da nosa plataforma de formación”.

O presidente de Apaga dixo que “hai uns días presentamos un curso de son gratuíto e en principio só se apuntaron tres persoas, pero neste, para o que hai que pagar aínda que non moito, en cuestión de horas xa se inscribiron 20 persoas. Polo tanto poderemos poñelo en marcha, faremos grupos para que non se masifique especialmente na contestación de preguntas e dúbidas por parte do director”.

Álvaro Doural engadiu que “iremos organizando novas iniciativas e cursos, que se poñerán en marcha dependendo da acollida que teñan. Nos estamos enviando a información aos nosos socios e aparte diso, dada a situación, abrímolo a outras institucións que lles poida interesar”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18883109092712