Aparecen unhas pintadas nunha parede da casa consistorial de Trabada

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Apareceron estes días unhas pintadas nunha parede da casa consistorial de Trabada.
Captura de pantalla 2019 09 03 a las 17.44.13
28 Sep 2020

Apareceron estes días unhas pintadas nunha parede da casa consistorial de Trabada. As pintadas, polo seu contido, parecen ser unha crítica á política de contratación de persoal do Concello.

A alcaldesa, Mayra García, expresou o seu rexeitamento a estos actos vandálicos, "non é admisible que se fagan pintadas nos edificios e menos aínda nun edificio institucional como é a casa consistorial”.

Desde o Concello informaron que o puxeron en coñecemento da Gardia Civil os actos vandálicos acontecidos coa finalidade de investigar a autoría dos feitos. 

Os populares entenden que a política de persoal do Concello non é transparente. “Cando un Goberno non actúa con transparencia, e moito máis en áreas tan sensibles como é a de contratación, ao final a xente  entende que se actúa caciquilmente”, di Fernández Vázquez, portavoz popular de Trabada.

 

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19280600547791