Aprobada a moción para salvagardar os postos de traballo en Alcoa e auxiliares

TerraChaXa | LugoXa
10 Out 2019

O BNG presentou unha moción para salvagardar os postos de traballo en Alcoa e auxiliares, co obxecto de demandar ao Goberno Estatal medidas urxentes como son a aprobación inmediata do estatuto de electrointensivas, a planificación da substitución do sistema de poxa de interrumpibilidade por unha máis estable, e a consideración no futuro sistema enerxético, do papel de produtor de Galicia, que deberá ser beneficiada no prezo a través dunha tarifa eléctrica galega, podendo así abaratar os prezos as nosas empresas e aos consumidores particulares.

A moción presentada polo grupo nacionalista, foi aprobada pola corporación municipal coa abstención de Son Viveiro, a pesares de ser sometida a votación de xeito irregular, unha emenda do PSOE nun intento de evitar pronunciarse a favor dunha tarifa eléctrica galega e da substitución do sistema de poxa de interrumpibilidade.

Dende o BNG de Viveiro saben que a problemática da fábrica de San Cibrao non se resolverá dende o salón de plenos de ningún concello, pero o que si poden e deben facer, é presionar e instar aos responsables políticos que non actúan á altura da gravidade do problema.

0.15994095802307