Apróbase a moción da plataforma Lugo por Palestina cos votos a favor do BNG

LugoXa
O pleno municipal de decembro debateu unha proposición en apoio ao pobo palestino elaborada pola plataforma Lugo por Palestina.
28 Dec 2023

O pleno municipal de decembro debateu unha proposición en apoio ao pobo palestino elaborada pola plataforma Lugo por Palestina. A proposta, que saíu adiante cos votos a favor do BNG e a abstención do resto dos grupos, condena o xenocidio que se está perpetrando contra o pobo palestino e remarca a necesidade da apertura de corredores humanitarios e dun cesamento do fogo permanente.

Insta ao goberno do Estado e á Unión Europea a romper relacións diplomáticas con Israel e a recoñecer Palestina como Estado con todos os seus dereitos. Pide tamén a intervención da Corte Penal Internacional ante o xenocidio planificado polo goberno de Benjamin Netanyahu.

Rubén Arroxo, portavoz do BNG de Lugo afirmou que "desde o BNG presentamos mocións en todos os concellos en defensa do pobo palestino, en Lugo presentamos a moción elaborada pola plataforma local, que conta coa participación dos movementos sociais lucenses"

0.15652084350586