Arranca unha nova tempada do programa Activa-Mente de Friol

LugoXa | TerraChaXa
Desde o Concello destacan que participar neste programa supón unha oportunidade para coidar a saúde integral das persoas mentres desfrutan dun entorno dinámico
reunion-afalu-friol
5 Sep 2026

O Concello de Friol anunciou a posta en marcha dunha nova edición do programa Activa-Mente, que retomará as súas actividades, as cales terán lugar os martes e os xoves, ás 17.30 horas, no Centro Colaborativo.

A iniciativa está dirixida a promover o benestar físico e mental da veciñanza a través de diferentes propostas que combinan exercicio para o corpo e adestramento para a mente. Entre os seus obxectivos destacan o fortalecemento da memoria, a mellora da mobilidade e o fomento das relacións sociais nun ambiente enriquecedor e de convivencia.

Desde o Concello destacan que participar neste programa supón unha oportunidade para coidar a saúde integral das persoas mentres desfrutan dun entorno dinámico, motivador e pensado para mellorar a calidade de vida. Están organizadas polo Concello e Afalu.

0.09803581237793