Arranxan varias tubaxes no lavadeiro de Poutomiños tras as peticións veciñais

LugoXa
A responsable da área, Ana Abelleira, supervisou os labores de mellora enmarcados no plan de acción no rural
arranxos-en-Poutomiños-lugo
30 Ago 2024

A concelleira de Cohesión Territorial de Lugo, Ana Abelleira, supervisou recentemente os traballos de arranxo das tubaxes deterioradas no lavadoiro de Poutomiños. Esta intervención, realizada con recursos propios do Concello, responde a unha demanda veciñal e forma parte do plan de acción no rural que a administración local ten en marcha para mellorar as infraestruturas nas 54 parroquias do municipio.

“As tubaxes desprendían auga, causando un deterioro na pista aglomerada situada ao carón do lavadoiro. Con esta intervención conseguimos solucionar este problema, mellorando a infraestrutura e a calidade de vida dos veciños e veciñas da zona”, explicou Abelleira.

A concelleira destacou que a mellora das infraestruturas rurais é unha prioridade para o actual mandato municipal. “Esta actuación é resultado do diálogo directo e a acción coordinada que mantemos coas comunidades rurais, co obxectivo de construír un rural máis inclusivo, próspero e cohesionado, o que sen dúbida mellora a calidade de vida dos seus habitantes”, concluíu Abelleira.

0.15109205245972